Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez incendios forestais activan a alerta no Principado de Asturias

Dez incendios forestais activan a alerta no Principado de Asturias

As autoridades activaron o Plan de Protección Civil por Incendios Forestais (INFOPA) en fase de emerxencia 

G24.gal 13/11/2022 08:21 Última actualización 13/11/2022 17:37

Dez incendios forestais declarados no oriente e no centro de Asturias levaron o Goberno do Principado a activar o Plan de Protección Civil por Incendios Forestais (INFOPA) en fase de emerxencia.

Esta situación, a máis baixa das catro que inclúe o plan, vén provocada pola existencia dun ou varios incendios forestais simultáneos que poden ser controlados cos medios e recursos asignados.

Na medianoite contabilizábanse incendios forestais en Laviana (A Rebollada, aquí o lume afectou a unha cabana), en Lena (Felgueras e La Muela), en Aller (Huertomuro), en Amieva (Sames), en Caso (Tozo e Tarna), en Grao (Panizales), en Cangas de Onís (Helgueras) e en Piloña (Porciles). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade