Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez anos de expulsión para Will Smith en todos os actos da Academia de Hollywood

Dez anos de expulsión para Will Smith en todos os actos da Academia de Hollywood

É o castigo pola labazada a Chris Rock 

G24.gal 08/04/2022 21:06

A Academia de Hollywood aprobou vetar o actor estadounidense Will Smith en todos os eventos que organice, incluídos os premios Óscar, durante os vindeiros dez anos.

Cualifican de "inaceptable e daniño" o seu comportamento na última gala dos Oscar en que lle deu unha labazada ao humorista Chris Rock por facer un comentario sobre a alopecia da súa muller, Jada Pinkett.

No seu comunicado, a academia láiase de non ter actuado en directo, na propia gala, pero di que non estaban preparados para algo sen precedentes.

O xurado de 54 membros estaba dividido ao 50% pero fai uns días Smith enviou unha carta de renuncia voluntaria a academia, o que facilitou e adiantou a decisión.

O popular actor abandona así o star-system e non formará parte da Academia para eventos, actos e premios.

Non é a única sanción. As plataformas Netflix e Sony paralizaban esta mesma semana os dous novos proxectos cinematográficos do actor. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos