Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un traballador dunha residencia de maiores que roubou xoias a residentes

Detido un traballador dunha residencia de maiores que roubou xoias a residentes

O detido, con domicilio e traballo en Monforte de Lemos, vendía as xoias roubadas en locais de compravenda de ouro en Ourense

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 01/08/2025 19:09

Axentes da Policía Nacional detiveron un home, traballador dunha residencia de maiores situada en Monforte de Lemos (Lugo), como presunto autor do furto de varias xoias que posteriormente vendeu en establecementos de compravenda de ouro na cidade de Ourense.

A investigación iniciouse no marco do control dos establecementos de Compro Ouro, que operan na localidade de Ourense, todo iso dentro do plan operativo da dirección xeral.

Froito da mesma os axentes identificaron a un home, veciño de Monforte que desde o pasado mes de abril realizaba "periodicamente" diversos contratos de venda de xoias en diversos establecementos de compravenda da cidade de Ourense.

Segundo informou a comisaría provincial, a responsable da residencia confirmou queixas dalgúns internos nos últimos meses "que botaban en falta algunhas xoias e diñeiro", aínda que non lle deron transcendencia.

O traballador da residencia foi arrestado como presunto autor dun delito continuado de furto e estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade