Protexendo os nosos tesouros
O roubo no Museo do Louvre, en París, fixo soar as alarmas. Galicia, terra de arte, fe e historia, é tamén un territorio cheo de tentacións para o espolio
O recente roubo no Museo do Louvre, en París, fixo soar as alarmas en todo o mundo da cultura. A desaparición dunha peza de valor incalculable reabre unha vella pregunta: están realmente protexidos os tesouros que gardan a nosa historia?
Galicia, terra de arte, fe e historia, é tamén un territorio cheo de tentacións para o espolio. No 2011 desaparecía da Catedral de Santiago o Códice Calixtino, o manuscrito do século XII máis valioso do Camiño de Santiago. Un roubo que deixou ao descuberto as carencias de seguridade incluso nas institucións máis emblemáticas. Afortunadamente, o Códice foi recuperado un ano despois.
Pero outros casos, como o da Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes, seguen abertos. A obra, única no mundo, continúa desaparecida máis de dez anos despois.