Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entran roubar na piscina municipal de Sanxenxo

Entran roubar na piscina municipal de Sanxenxo

Fixeron estragos e levaron 150 euros da caixa rexistradora

G24.gal 04/11/2025 12:53

En Sanxenxo investigan o roubo con forza cometido na piscina municipal. Entraron por unha ventá e levaron 150 euros da caixa rexistradora. Ao no seren capaces de acceder pola porta principal entraron por unha ventá que dá á recepción e que aínda ten claras mostras da forza que tiveron que facer para abrila, posiblemente cunha panca. Accederon ao interior e chegaron á máquina rexistradora da que levaron 150 euros. 

Ademais dos danos da porta e da ventá apréciase algún outro estrago nestas máquinas expendedoras das que sen éxito, presuntamente, tamén pretendían roubar. Foi a Policía Local quen os alertou do roubo ao detectar mentres facían un control rutineiro que a ventá estaba aberta. 

Agora é precisamente a Policía Local e a Garda Civil quen está a investigar os feitos para dar co autor ou autores do roubo. Agradecen a colaboración cidadá por se alguén puido ver algo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade