Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un ocupante ilegal por acoitelar outro en Ribeira

Detido un ocupante ilegal por acoitelar outro en Ribeira

O agresor atrincheIrouse no edificio ocupado onde o prendeu a policía

G24.gal 20/08/2022 18:35 Última actualización 20/08/2022 18:49

A policía prendeu un home de 57 anos que presuntamente acoitelou a outro en Ribeira. Os dous individuos enredáronse nunha liorta o venres pola noite, neste edificio de Ribeira ocupado ilegalmente e no que xa teñen acontecido pelexas noutras ocasións.

A vítima recibiu tres coiteladas pero, segundo fontes policiais, está fóra de perigo. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 para trasladalo ao hospital. Patrullas da Policía Nacional e da Local prenderon o agresor tras derrubaren a porta do piso e a do cuarto en que estaba atrincheirado.

Alí atoparon unha serra, unha navalla e munición, aínda que non apareceu ningunha arma de fogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade