Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por apuñalar outro durante unha disputa na Coruña

Detido un home por apuñalar outro durante unha disputa na Coruña

Ocorreu na vivenda do agresor, un home de 57 anos, con media vida no cárcere

A vítima, de 18 anos, está na UCI en estado grave

G24.gal 14/05/2026 18:19 Última actualización 15/05/2026 15:01

Todo sucedeu nun piso da rúa Ramón Cabanillas, do barrio dos Mallos. Segundo apuntan as primeiras investigacións o mozo de 18 anos levaba varios días visitando este domicilio onde, segundo apuntan os veciños, adoitan acudir toxicómanos.

Nesta ocasión e por motivos que se descoñecen, produciuse unha lea que acabou cunha coitelada no tórax do mozo. Ao lugar desprazouse urxencias médicas que se encagou do traslado ao CHUAC onde permanece ingresado na UCI en estado grave, segundo o último parte médico facilitado. Mentres, a Policía continúa coas investigacións para esclarecer este suceso.

Hai un detido como suposto autor do acoitelamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade