Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por acoitelar outro na Coruña

Detido un home por acoitelar outro na Coruña

No momento o agresor fuxiu, pero as investigacións policiais levaron á súa detención ás poucas horas

A vítima foi trasladada ao hospital, onde foi intervida de urxencia

G24.gal 06/04/2023 11:16 Última actualización 06/04/2023 22:03

Un home foi detido esta mañá por, presuntamente, acoitelar outro, no transcurso dunha lea na zona dos Castros.

Segundo fontes policiais próximas ao caso, os feitos tiveron lugar arredor das 6:30 horas. Durante unha discusión entre dous homes, un deles acoitelou cun coitelo, ou arma semellante, a outro.

Tras acordar a zona axentes da policía procederon a reunir probas entre os veciños e propietarios de locais hostaleiros para investigar o acontecido.

A vítima, un home de orixe magrebí, perdía moito sangue.  Foi traslado ao CHUAC, onde foi intervido de urxencia. O seu prognostico é reservado. 

Axentes de criminalística rexistraba esta mañá un punto de venda de drogas situado nun piso da rúa Miramar que podería ter relación co suceso.

Os veciños da zona din que é habitual ver drogodependentes no barrio.

No momento o agresor fuxiu, pero as investigacións policiais levaron á súa detención hai poucas horas. Está previsto que pase a disposición xudicial ao longo da xornada do venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade