Publicador de contidos

Ingresa en prisión o detido en relación co crime do barrio coruñés das Flores

Ingresa en prisión o detido en relación co crime do barrio coruñés das Flores

G24.gal 07/11/2021 18:17

A Garda Civil detivo un home en relación coa morte do veciño do barrio das Flores, na Coruña, que apareceu acoitelado na casa a principios de outubro. 

O arrestado xa ingresou en prisión por orde xudicial. Ten arredor de 60 anos e prendérono en Santa Cristina, no concello de Oleiros.

O crime puido desencadearse por un asunto de drogas. O finado fora atopado polo seu caseiro, que se achegou á vivenda tras días sen saber del.

Publicidade
Publicidade
Publicidade