Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interveñen un arsenal de guerra e 2.600 quilos de cocaína na detención do histórico narco galego Matador

Interveñen un arsenal de guerra e 2.600 quilos de cocaína na detención do histórico narco galego Matador

A Policía Nacional detivo 19 persoas, entre elas o histórico narco ourensán Carlos Rodríguez Morales, que era obxectivo das autoridades españolas e colombianas dende hai máis de dez anos

Parte da droga, 2.000 quilos, foi interceptada en augas internacionais do Caribe cando era transportada en barco para a súa distribución en territorio español

Foi localizado un arsenal de armas de guerra con fusís de asalto e lanzacohetes

G24.gal 07/12/2022 09:21 Última actualización 08/12/2022 09:59

Axentes da Policía Nacional, nunha operación que contou coa colaboración da DIRAN da Policía Nacional de Colombia e a axencia estadounidense HSI (Homeland Security Investigations) desartellaron unha perigosa e activa organización criminal narcoglobalizada coa detención de 19 persoas e a aprehensión de 2.600 quilogramos de cocaína e un arsenal de armas de guerra.

Entre os arrestados atópase o histórico narco coñecido como Matador, obxectivo das autoridades españolas e colombianas desde hai máis de dez anos.

Parte da droga, 2.000 quilogramos, foi interceptada en augas internacionais do Caribe cando era transportada en barco desde Suramérica para a súa distribución en territorio español e o resto, 600 quilogramos, atopábase oculta nunha nave industrial en Siero (Asturias).

As primeiras pescudas tiveron lugar no mes de xaneiro do pasado ano, cando os axentes tiveron coñecemento da existencia dunha organización criminal que, composta por membros de diferentes países de Surdamérica que operaban principalmente desde Colombia, pretendía introducir en España unha importante cantidade de cocaína.

Tras identificaren os membros da trama, os investigadores puideron constatar que estes se desprazaron ata Madrid para reunirse cun coñecido narcotraficante galego, responsable da distribución da droga no noso país. Tras este encontro, os investigados planifican o envío de dúas toneladas de cocaína para finais de xullo de 2022.

Grazas á cooperación internacional, a embarcación que transportaba 2.000 quilogramos de substancia estupefaciente foi intervida en augas internacionais próximas ao Caribe e frustrouse así o propósito criminal da organización.

Durante este operativo, os cinco tripulantes foron arrestados. Con todo, un mes máis tarde, o grupo narcotraficante preparou un segundo envío de cocaína cara a España, polo que os axentes volveron detectar novas reunións entre os propietarios da droga e o narcotraficante galego, todas elas no noso país.

Finalmente, e con toda a información solicitada, os investigadores procederon á fase de explotación da operación en que localizaron unha nave industrial en Siero (Asturias), onde se atopaban ocultos outros 600 quilogramos de cocaína.

Ata este lugar desprazouse o narcotraficante galego, en compañía da súa parella, co obxectivo de eludir a atención policial simulando unha viaxe familiar. Xunto a eles tamén se desprazou outro individuo mexicano como fedatario da organización, que por unha banda se encargaba de testemuñar que todo se realizaba segundo o pactado e por outra realizaba labores de avanzada co vehículo advertindo da posible presenza policial durante o camiño.

Estas tres persoas foron arrestadas xunto ao resto de integrantes da rede encargados da loxística para a introdución da cocaína en España. Así mesmo, na nave industrial tamén foi localizado un arsenal de armas de guerra composto por fusís de asalto, granadas de man, explosivos, lanzacohetes, silenciadores, armas curtas e cartuchería de multitude de calibres, entre outros obxectos. Estas armas, xunto a outras intervidas no domicilio de Galicia do narcotraficante español, mostran o grao e nivel da organización agora desarticulada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade