Deteñen na Coruña 'o atracador da bicicleta'
Desprazábase en bicicleta pola cidade buscando vítimas, abordábaas, sacaba unha navalla e ameazábaas para roubarlles o que levaran enriba
 O sospeitoso, considerado moi violento pola policía, xa está no cárcere
                        O sospeitoso, considerado moi violento pola policía, xa está no cárcere
            O individuo, de 35 anos, asaltaba as vítimas cun coitelo. Desprazábase en bicicleta pola cidade buscando vítimas. Abordábaas, ameazábaas e esixíalles a entrega de todos os obxectos de valor que levasen encima. Logo desaparecía.
Os policías que o detiveron considérano un delincuente perigoso e violento que sempre atacaba as súas vítimas mostrándolles un coitelo.
Axentes do distrito sur sospeitaban que o home cometera, polo menos, tres asaltos: un en Monelos, outro na zona de Catro Camiños e un terceiro roubo sobre a pasarela peonil que cruza a avenida de Alfonso Molina, á altura da estación de San Cristóbal.
Coa descrición que achegaran as vítimas, o 091 despregou un operativo que se prolongou durante días para dar co paradoiro do individuo ata capturalo.
Está acusado de tres delitos de roubo con violencia e intimidación, e declarou no xulgado de garda. Agora está ingresado no cárcere de Teixeiro.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        