Deteñen na allada o autor de varios incendios forestais en Ourense
O home de 28 anos e veciño da zona foi sorprendido polos axentes cando estaba prendendo un lume en Canibelos
Un home de 28 anos foi detido como presunto autor de varios incendios provocados nas últimas semanas en Ourense; en concreto, no monte de Canibelos, parroquia de Velle. O tamén veciño do lugar foi sorprendido durante o martes ao tentar iniciar un nesta mesma localización.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, esta identificación foi levada a cabo por axentes forestais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e o Servizo de Prevención e Defensas contra os Incendios Forestais durante a realización dos traballos de investigación e de vixilancia no lugar.
Tras ser identificado polos axentes, foi detido pola Policía Nacional e trasladado ás dependencias policiais para tomarlle declaración. Posteriormente, pasou a disposición xudicial.
A actuación levou a cabo no marco dunha investigación conxunta entre a Policía Nacional, a UIFO e o persoal do Distrito Forestal XII, despois de detectar nos últimos días unha actividade incendiaria anómala na zona, con varios lumes reiterados.
O operativo especial de vixilancia, que contou co apoio dun helicóptero do Corpo Nacional de Policía e varios drons da UIFO, permitiu localizar e sorprender o presunto autor no momento xusto no que iniciaba un novo incendio.