Detido en Monforte por agredir a súa parella e tres axentes
Impútanlle maltrato no ámbito familiar e atentado contra a autoridade
O que comezou por unha discusión doméstica, acabou cunha muller e tres axentes feridos e co suposto agresor arrestado. Sucedeu en Monforte, entre as rúas da Estrela e de Xermán Vázquez.
A parella comezara a rifar de camiño á súa casa, onde o presunto autor das lesións golpeou a vítima por negarse a darlle cartos. Cando ela conseguiu escapar, avisou a policía de que o home esgrimía un coitelo de grandes dimensións.
Para prender o presunto agresor, foron precisos reforzos por parte da Garda Civil. Cando os axentes accederon ao domicilio da parella para reducilo, tres deles resultaron feridos leves. Ademais, comprobaron que o suposto autor dos feitos esnaquizara os mobiliario.
Ao detido, duns 50 anos, impútanlle agora os delitos de atentado contra a autoridade e malos tratos no ámbito familiar.