Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Francia con 713 quilos de cánnabis un camioneiro de Castroverde que a familia cría desaparecido

Deteñen en Francia con 713 quilos de cánnabis un camioneiro de Castroverde que a familia cría desaparecido

A droga comisada foi valorada en sete millóns de euros

A muller levaba dúas semanas pedindo axuda nas redes para localizalo

O camioneiro foi condenado a seis anos de cadea nun xuízo rápido

O camioneiro transportaba droga valorada en sete millóns de euros e foi condenado a seis anos de cadea
G24.gal 30/08/2023 14:43

A súa muller levaba dúas semanas nas redes pedindo axuda. Este veciño de Tórdea, en Castroverde, marchara supostamente cara a Holanda levando unha carga no seu camión. Para sorpresa da súa familia, nas últimas horas coñecíase que está nun cárcere de Aviñón, en Francia.

O home foi detido nun control de aduanas. Declarou que levaba palla a Nápoles, pero os axentes sospeitaron e na inspección descubriron varias caixas con 713 quilos de pole de cánnabis, valorados en sete millóns de euros. A nova causou sorpresa entre a veciñanza.

O home ten 43 anos, é portugués e levaba anos vivindo en Tórdea coa súa muller e fillos. No momento da detención díxolles aos axentes que pensaba que levaba chocolate. Pero ante a gravidade dos feitos foi sometido a un xuízo rápido e ingresou no cárcere para cumprir seis anos de cadea. En Castroverde din que ultimamente abrira varias tendas de froita.

Outros veciños prefiren non dar a cara e din que o detido xa fora condenado pola Audiencia Provincial de Lugo a tres anos de cadea por abusar sexualmente dunha das súas fillas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar