Detido en Erandio pola morte do seu irmán
Sucedeu no domicilio familiar que compartían os dous homes
A Ertzaintza prendeu un home de 56 anos por matar presuntamente o seu irmán. O crime aconteceu na vivenda familiar en Erandio, un municipio na ría de Bilbao.
Neste edificio de Erandio, un concello situado na ría de Bilbao, sucederon os feitos contra as once da noite do sábado.
Un home de 56 anos matou presuntamente o seu irmán, de 57, durante unha pelexa acontecida nun dos cuartos do piso familiar que compartían.
"É o terceiro ou cuarto irmán que morre. Morreron varios así, violentamente."
"Non sabía que se levasen mal. Tiña uns pais marabillosos."
"Só sei que un matou o outro. Non sei mais. Fíxate que mes levamos en Erandio: os incendios, o do metro..."
Axentes da Ertzaintza prenderon o suposto homicida no lugar do crime e levárono a dependencias policiais. O corpo da vítima trasladárono ao Instituto de Medicina Legal de Bilbao para facerlle a autopsia e confirmar se, como parece, morreu por asfixia.