Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Carballo con dúas ordes de ingreso en prisión e cinco de detención para declarar no xulgado

Detido en Carballo con dúas ordes de ingreso en prisión e cinco de detención para declarar no xulgado

Fuxiu da policía ata en tres ocasiones, todas elas na última semana e na capital de Bergantiños

Un dos axentes da policía local quedou ferido nun dos intentos de detención
G24.gal 06/12/2022 13:17

A Policía Local deu cun dos ladróns máis buscados e activos de Carballo e conseguiu detelo despois dunha persecución polas rúas da vila. Non foi a primeira fuxida que protagonizou.

Fixeron falla tres intentos. Fuxiu da policía ata en tres ocasiones, todas elas na última semana e na capital de Bergantiños. Non ten residencia fixa en Carballo, onde levaba un mes vivindo. O luns 28 de novembro, a Policía Local xa tentou detelo, pero o investigado bateu o vehículo en que viaxaba contra o coche da patrulla.

O vehículo dos policías quedou inservible o e un dos ocupantes resultou ferido. Horas antes de ser detido tamén conseguiu fuxir tras poñer en risco as súas vidas dos axentes e a do resto de peóns e condutores.

Cando o detiveron pesaban sobre el varias ordes de detención para ingresar no cárcere, non tiña carné de conducir, deu positivo no test de drogas, en heroína e cocaína e levaba obxectos no seu coche presuntamente roubados.

Conducía un Peugeot 307. Unha patrulla tratou de darlle o alto ao único ocupante do coche, pero o condutor deuse á fuga a toda velocidade polo centro da vila. Os axentes iniciaron unha persecución. Con todo, na intersección da rúa Río Xallas coa avenida da Milagrosa, o turismo azul bateu contra un Volkswagen Tiguan que ía circulando en dirección a Coristanco. O delincuente saíu do coche fuxiu a pé. Pero axentes da Policía Local a un 500 metros. 

Arrestárono en calidade de investigado por supostos delitos contra o patrimonio. A Garda Civil fíxose cargo do detido. Nese momento, comprobouse que sobre este individuo de 32 anos constan dúas ordes de ingreso en prisión e outras cinco de procura e comparecencia ante a autoridade xudicial. 

Ademais deu positivo en heroína e cocaína, tras ser sometido ao test de alcol e drogas, e non consta que teña permiso de conducir. Os axentes tamén atoparon no interior do vehículo varios artigos dos que non tiña xustificada a súa procedencia. Foi levado ao cuartel, á espera de pasar a disposición xudicial.

Con este, xa son catro detencións en Carballo nos últimos catro días, de delincuentes investigados por delitos de roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade