Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido, e posto en liberdade, o kamikaze que rouba coches na zona de Pontevedra

Detido, e posto en liberdade, o kamikaze que rouba coches na zona de Pontevedra

Relaciónano co roubo de case unha ducia de coches, que podería vender en Portugal

Leva protagonizadas varias fuxidas a plena luz do día, con grave risco para outros usuarios

G24.gal 07/11/2025 14:50

Entra nos coches e acelera. Quen veña de fronte, se quere, aparta. Diso dan mostra as imaxes dunha das varias persecucións por Poio, por carreiros, estradas con tráfico e mesmo polo Camiño de Santiago, co risco que supón.

Coa mesma pericia coa que conduce, rouba coches. 

"A persoa entrou na farmacia a comprar un medicamento, estaba falando por teléfono e cando saíu xa non tiña o coche... uns corenta segundos foi o tempo que lles levou", conta un farmacéutico que presenciou un dos roubos.

O modus operandi repítese. Relaciónano co roubo de case unha ducia de coches, sexan turismos ou furgonetas, en Pontevedra e nos concellos do redor. A última denuncia non ten nin 24 horas no cuartel.

"Deixei o coche e hai dous días volvín para mirar e veña a mirar, mirar e non aparecía. Entón fun á policía a dar parte e pregunteilles se o sacaran por algunha obra e dixéronme que é normal que haxa roubos. Que erro cometín eu? Deixei a chave de reposto no cinceiro con tapa", lamenta o último afectado.

Do seu Dacia, de momento, nin rastro. Todo apunta a que os coches teñen destino.

"Dixéronme que os levan para Portugal", engade.

Véndeos en Portugal, coa matrícula trucada, e tamén hai indicios de que puido traer algún de alí. Acaban de detelo a el e tamén á súa cómplice, a súa acompañante de andanzas, pero volven estar en liberdade. 

"Teño un coche de mellor calidade do que me roubaron e teño medo de que me rouben tamén ese". "Eu ando con máis coidado. Nun aparcadoiro próximo tamén roubaron. Cos coches, hai que ter coidado", coinciden.

E tanto. O individuo é un home de 35 anos. Viviu de ocupa en Poio, despois en Pontevedra e agora mesmo nun domicilio descoñecido. Nada descarta que á espera do próximo descoido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade