Cae unha banda que roubaba en chalés de luxo de España e noutros países europeos
O modo de actuar era sempre o mesmo, os delincuentes rompían a porta ou unha fiestra e, unha vez dentro, ameazaban os propietarios para que lles entregaran xoias e cartos
Nos rexistros efectuados, foron recuperados dez mil euros en efectivo e obxectos de luxo roubados por valor doutros 50.000
A Policía Nacional desmantelou unha banda itinerante de delincuentes á que se lle imputan varios roubos con forza en vivendas unifamiliares de España e outros países europeos. Durante a redada foron detidos seis membros do grupo criminal, catro deles en territorio español e os outros dous en Albania e Italia.
A operación policial iniciouse hai dous anos despois de que unha banda armada asaltase catro chalés de luxo de Marbella.
O modo de actuar era sempre o mesmo, os delincuentes rompían a porta ou unha fiestra e, unha vez dentro, ameazaban os propietarios para que lles entregaran xoias e cartos.
Tirando do fío, os axentes conseguiron localizar primeiro e arrestar despois catro membros da banda que residían en Barcelona. Outro foi arrestado en Benidorm, pero extraditado a Italia, e o último, en Albania.
Nos rexistros efectuados foron recuperados dez mil euros en efectivo e obxectos de luxo roubados por valor doutros 50.000. Os seis detidos están acusados de organización criminal, lesións, roubo con violencia e falsidade documental. Dous dos detidos en España ingresaron xa en prisión.