Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida a parella da muller que apareceu morta no barrio sevillano de Valdezorras

Detida a parella da muller que apareceu morta no barrio sevillano de Valdezorras

De confirmarse como crime machista, sería o oitavo asasinato dunha muller en Andalucía no que vai de ano e o número 27 en España

Fora o detido quen dera a alerta de que atopara a vítima sen vida

A Policía Nacional investiga se o de Valdezorras é un posible crime machista. EFE/ David Arjona A Policía Nacional investiga se o de Valdezorras é un posible crime machista. EFE/ David Arjona
G24.gal 07/09/2025 18:34

A Policía Nacional detivo un home pola morte dunha muller, cuxo cadáver foi achado este domingo no barrio de Valdezorras de Sevilla, un crime que se investiga como un posible caso de violencia machista, segundo informaron a EFE fontes próximas á investigación.

A muller tiña 47 anos e, ao parecer, foi a súa parella quen avisou os servizos de emerxencia. Os axentes atoparon o cadáver con signos de violencia nunha vivenda de Valdezorras e a súa parella xa foi detida.

Segundo unha nota da Policía Nacional, a investigación continúa aberta e non se descarta ningunha hipótese.

Valdezorras é un barrio periférico de Sevilla situado na zona norte da cidade, próximo ao aeroporto.

De confirmarse a natureza machista deste crime, sería o oitavo asasinato dunha muller en Andalucía no que vai de ano e o número 27 en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade