Investigan unha veciña que se autoinculpa de queimar o corpo dun home e tiralo ao encoro de Frieiras
Investigan unha veciña que se autoinculpa de queimar o corpo dun home e tiralo ao encoro de Frieiras
A suposta vítima é un home duns cincuenta anos que a Garda Civil xa estaba buscando pola mesma zona
A muller, de 26 anos, quedou detida, á espera dos resultados da investigación, que está baixo segredo de sumario
A Garda Civil investiga un caso en Ourense para determinar se se trata dun crime despois de que unha veciña de Cortegada, de 26 anos, afirmase este luns, nunha consulta de Psiquiatría no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que queimara o cadáver dun home ao que coñecería a través de Internet.
Trasladoulle ao profesional que a atendeu na súa consulta médica que atopou o home morto na súa casa e que, debido aos nervios, decidiu, co fin de ocultalo, queimar o seu cadáver e enterrar parte dos restos, mentres que outra parte lanzounos ao río.
A suposta vítima é un home duns cincuenta anos que a Garda Civil xa estaba buscando pola mesma zona. A súa nai denunciou a desaparición en Cataluña, de onde é natural. Ao parecer, veu para Cortegada en agosto, para reunirse cunha moza que coñecera a través dunha aplicación de citas.
A muller, de 26 anos, quedou detida, á espera dos resultados da investigación, que está baixo segredo de sumario.