Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yoel Lago: "Sería un soño xogar co Celta en Europa"

Yoel Lago: "Sería un soño xogar co Celta en Europa"

O central de Mondariz foi titular ante o Barcelona, o Vilarreal e o Real Madrid

G24.gal 08/05/2025 13:59 Última actualización 08/05/2025 14:06

Faltan 48 horas para a visita do Sevilla a Balaídos. Catro xornadas por diante para o Celta. Está en xogo a clasificación europea e o equipo vigués vaino facer cun rapaz de 21 anos no centro de defensa, a revelación das últimas xornadas.

Yoel Lago foi titular ante o Barcelona, o Vilarreal e o Real Madrid. O de Mondariz non lle ten medo aos retos. Outro exemplo de canteirán. Mediuse con Lewandowski e con Mbappé.

"Foi un soño, como un neno pequeno, sempre con ganas de aprender".

E como todo o celtismo, está ilusionado cunha campaña para enmarcar.

"Está sendo unha tempada espectacular. Cando das o salto e es titular, o orgullo é tremendo".

A campaña que debería significar o regreso do Celta a unha competición europea. Con xente da casa, na bancada e no terreo de xogo.

"Quero intentar rematar a tempada en Europa e estar no primeiro equipo o ano que vén".

"Sería un soño xogar co Celta en Europa".

O Celta xoga o sábado ante o Sevilla coas cámaras da TVG en directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade