Deteñen un veciño de Rianxo acusado de venda de drogas
O arrestado está investigado por tráfico de drogas polo miúdo
Entre os compradores había mozos menores de idade

A Garda Civil detido un veciño de Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas na vila arousá.
Axentes do cuartel de Boiro abriran unha investigación tras detectar unha intensa actividade de compravenda de estupefacientes nas zonas próximas ao auditorio de Rianxo. Comprobaron que no lugar había unha trasfega constante de consumidores, algúns deles menores.
Nun primeiro momento comisaron ao investigado 42 doses de pole de haxix e procederon á súa detención.
A continuación os axentes rexistraron o domicilio do arrestado. Alí atoparon outras 283 doses de pole de haxix, e tamén se incautaron de distintos útiles para a pesaxe, corte e manipulación da droga, e 790 euros supostamente froito das vendas realizadas.
O detido xa pasou a disposición xudicial.