Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home tras acoitelar no pescozo a súa exparella en Pontevedra

Deteñen un home tras acoitelar no pescozo a súa exparella en Pontevedra

O home entregouse de xeito voluntario aos axentes da Policía Nacional

A muller, de 36 anos, sobreviviu ao ataque e está ingresada no Hospital de Montecelo

 

Hospital de Montecelo en Pontevedra / arquivo
G24.gal 30/04/2023 09:31 Última actualización 30/04/2023 20:37

Un home de nacionalidade colombiana está detido nos calabozos da Policía Nacional de Pontevedra tras acoitelar este sábado no pescozo a súa exparella, tamén colombiana, coa que convivía.

A agresión sucedeu na rúa Cambria na contorna de Monte Porreiro. Unha ambulancia do 061 trasladou a vítima a urxencias do hospital Montecelo. En principio non se teme pola súa vida, xa que o corte que lle inflixiu non era moi profundo.

A muller non perdeu o coñecemento en ningún momento e ela mesmo chegou ata a ambulancia para que lle prestasen asistencia.

Varias patrullas da Policía Nacional e da Policía Local desprazáronse ata a zona e comprobaron que nun primeiro momento o sospeitoso fuxira do lugar.

Momentos despois entregouse de xeito voluntario aos axentes na avenida de Bos Aires e trasladárono ata a comisaría.

Aínda non transcendeu se o investigan por intento de homicidio ou por lesións e tampouco se saben os motivos que o levaron a agredir a muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade