Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home sospeitoso dunha agresión sexual na Coruña ocorrida en febreiro

Deteñen un home sospeitoso dunha agresión sexual na Coruña ocorrida en febreiro

O suposto autor da violación é un residente nunha vivenda ocupada da capital coruñesa

Os feitos investigados, que derivaron no arresto do suposto autor, producíronse en plena rúa na zona de lecer dos Cantóns

G24.gal 21/03/2024 11:21 Última actualización 21/03/2024 14:15

Axentes da Policía Nacional detiveron un home como presunto autor dunha agresión sexual na cidade da Coruña en febreiro.

O detido, suposto autor desta agresión, é un dos residentes nunha vivenda ocupada no número 120 da ronda de Nelle.

Así o informaron fontes policiais en relación a unha agresión sexual a unha muller que, segundo a denuncia, cometeuse hai un mes.

A detención produciuse o pasado venres en relación a uns feitos ocorridos na zona de lecer dos Cantóns e na vía pública, segundo precisaron fontes consultadas. A vítima, unha moza de apenas 20 anos, foi asaltada en plena rúa por un home cando saía dunha discoteca.

Tras denunciar os feitos fíxose cargo da investigación a Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional. As probas de ADN e outros indicios recadados como as imaxes das cámaras de videovixilancia e varias testemuñas levaron os axentes ata o presunto violador.

Tras ser arrestado, o home ingresou en prisión logo dunha investigación a cargo da Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade