Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen "o principal sospeitoso" do asasinato de Cristina Cabo

Deteñen "o principal sospeitoso" do asasinato de Cristina Cabo

Os investigadores atoparon obxectos da vítima na casa do home arrestado

A policía dá por esclarecida a autoría e “por pechado o caso”

G24.gal 29/11/2022 10:57 Última actualización 29/11/2022 21:29

A investigación policial pola morte violenta de Cristina deu os seus froitos en 24 horas. Xa hai un detido.

Trátase dun home de 32 anos, de nacionalidade colombiana. De momento a policía non informou do vencello coa vítima, pero dan por pechada a investigación.

Parece ser que a detención foi posible grazas ao entorno do presunto autor da morte a coiteladas de Cristina.

Durante toda a xornada estiveron a tomarlle declaración, antes de poñelo a disposición xudicial.

Desde que transcendeu a detención do presunto autor do crime a preocupación no barrio onde vivía a vítima é coñecer quen puido facelo e por que. 

 

Obxectos da vítima no domicilio do sospeitoso

Segundo fontes próximas á investigación, a autopsia revela que Cristina recibiu unha vintena de coiteladas, o que indicaría que o agresor actuou con saña. Tamén se puido saber que os investigadores atoparon obxectos da muller asasinada na casa do detido.

Trataríase dun computador que podería ser da falecida e, de feito, segundo as mesmas fontes, a localización dese equipo informático na casa do sospeitoso podería ser unha proba determinante, en función dos resultados das análises aos que está a ser sometido por parte dos investigadores. 

As mesmas fontes indicaron que o sospeitoso podería estar a planear a súa fuxida no momento en que foi arrestado.

As probas que manexa a policía apuntan a que a falecida coñeceu ao sospeitoso pola noite e que saíron xuntos dun local de lecer nocturno da cidade, non moi lonxe do domicilio de Cristina Cabo, arredor das seis da mañá.

Esas mesmas fontes puntualizaron que o sospeitoso só levaba uns meses en España e que foi delatado pola súa contorna.

En mans dos investigadores está tamén a información da autopsia practicada ao cadáver. 

O caso está baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade