Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Vigo tras agredir a exparella e rebentarlle a porta do domicilio

Deteñen un home en Vigo tras agredir a exparella e rebentarlle a porta do domicilio

Unha patrulla da Policía Local acudiu auxiliar a muller, que presentaba varias lesións e que foi trasladada a un centro hospitalario

No exterior do domicilio outra patrulla viu como un home se dirixía cara a eles berrando: "Fun eu, si, fun eu", e a continuación foi detido

Detalle da porta do domicilio da vítima (Policía Local de Vigo) Detalle da porta do domicilio da vítima (Policía Local de Vigo)
G24.gal 02/04/2024 11:16

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home, de 53 anos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir a exparella e rebentar a porta do domicilio.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste luns, cando unha muller chamou ao 092 para alertar sobre unha agresión machista nun domicilio da rúa Romil.

Cando chegaron os axentes, foron requiridos pola muller, que lles explicou que tivera unha discusión coa súa exparella e que el lle dera varias puñadas na cara e patadas en varias partes do corpo.

Os policías comprobaron que a muller presentaba inflamación nun pómulo e un corte no beizo superior, polo que solicitaron unha ambulancia, cuxos profesionais aconsellaron o traslado a un centro médico.

Ademais das lesións, a muller explicou que a súa exparella, despois da agresión, saíu do piso dando unha forte portada e, a continuación, comezou a golpear a porta con tanta forza que desencaixou a fechadura do marco.

Outra unidade policial que se atopaba no exterior da vivenda observou un home que se dirixía cara a eles mentres gritaba: "Fun eu, si, fun eu", polo que procederon a identificalo. Finalmente, comprobaron que se trataba do autor da agresión, polo que foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade