Deteñen un home en Vigo acusado de tentar atropelar a exparella e outra familiar dela
A suposta agresión machista ocorreu no lugar de Zamáns
Novo caso de violencia machista nas últimas horas en Vigo. A Policía Nacional detivo un home que intentou atropelar a exparella e a irmá dela.
Ocorreu na zona de Zamáns. O suposto agresor acudiu á vivenda que compartira coa exparella para recoller algúns obxectos e alí atopouse coas dúas vítimas. Aparentemente o home botou o seu coche co obxectivo de acabar coa vida da muller, coa que ata hai pouco mantivera unha relación. Nese momento ela estaba cunha, á que tamén tentou atropelar.
Afortunadamente quedaron ilesas. Non logrou alcanzalas co vehículo, pero si provocou importantes danos na vivenda, xa que acabou estampando o coche contra unha das paredes.
Ata o lugar do suceso desprazouse a Policía Nacional que o arrestou acusado de intento de homicidio. Está previsto que pase a disposición xudicial esta mañá no xulgado de violencia sobre a muller.
Durante esta xornada prestará declaración nos xulgado de violencia sobre a muller de Vigo o home detido este mércores por tentar arrolar á súa exparella e a outra muller da familia ás portas da súa vivenda na parroquia viguesa de Zamáns, onde producíu tamén danos na vivenda.
Algúns veciños escoitaron cómo amenazaba a moza de preto de vinte e seis anos por teléfono nun establecemento público pero ninguén pensou que o podía facer.
O home duns corenta anos foi detido pola Policía Nacional que lle atribúe un posible delito de intento de homicidio.
En Vigo nas últimas xornadas houbo unha repunta de casos de agresións machistas. Só entre o mércores e o xoves foron detidos cinco supostos maltratadores.