Cargando resultados...
Deteñen un home de 37 anos por golpear outro na cabeza nun bar da Rúa
A vítima da suposta agresión, outro home, presentou unha denuncia polos feitos, ocorridos a primeiros de maio, e polos que precisou puntos de sutura debido ás lesións sufridas na cabeza

G24.gal
28/05/2024 10:02
Axentes da Garda Civil detiveron un home de 37 anos acusado de agredir outro, ao que lle causou feridas na cabeza, nun bar da Rúa.
Os feitos ocorreron o pasado día 5 de maio, e segundo informa a Garda Civil, o home, veciño da vila ourensá, foi arrestado na xornada deste luns acusado dun delito de lesións.
Foi a vítima, outro home da mesma idade e veciño do municipio de Petín, o que presentou unha denuncia polos golpes, polos que necesitou puntos de sutura.
As dilixencias foron postas á disposición do Xulgado do Barco de Valdeorras.