Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un curandeiro de Paradanta que receitaba sexo con el ás súas pacientes para curar

Deteñen un curandeiro de Paradanta que receitaba sexo con el ás súas pacientes para curar

O home, de 55 anos, enganaba as pacientes para que tivesen relacións sexuais con el

O xulgado determinou a súa liberdade sen cargos

(Garda Civil) (Garda Civil)
G24.gal 25/08/2025 12:14

A Garda Civil de Tui detivo un santeiro da comarca de Paradanta, no sueste de Pontevedra, que incitaba as pacientes a que practicasen sexo con el para curar.

O home, de 55 anos, veciño da zona, trataba con conxuros e herbas a quen acudía á súa consulta. A algúns destes receitáballes relacións sexuais con el para completar o tratamento.

O curandeiro convencía aos pacientes de que, para curar, tiñan que manter sexo con el, pois enganábaas dicindo que estaban posuídas por un espírito e só el podía curalas co seu corpo.

Tras a investigación, o home foi detido o pasado xoves pola Policía Xudicial e foi posto ao dispor do Xulgado de garda de Ponteareas como presunto autor dun delito contra a liberdade e a indemnidade sexual.

Finalmente, o xulgado deixouno en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade