A UME desprega 22 patrullas en Ourense para loitar contra a vaga de incendios
As patrullas saíron dende a base de Torrexón de Ardoz cara á provincia galega
Tamén se enviou un núcleo loxístico para apoiar nas tarefas precisas

A Unidade Militar de Emerxencias (UME), asociada co Ministerio de Defensa, despregará ata 22 patrullas en Ourense para misións de vixilancia e presenza ante os incendios que xa arrasan miles de hectáreas en diversos municipios da provincia.
Segundo indica a propia UME na súa conta de X, este luns saíron da base de Torrexón de Ardoz patrullas do Rexemento de Apoio e Intervención en Emerxencias (RAIEM) e o Batallón de Transmisións (BTUME).
#BuenosDías
— UME (@UMEgob) August 25, 2025
Salen desde la base de Torrejón de Ardoz 22 patrullas del #RAIEM y #BTUME, para desplegarse en la provincia de #Ourense en misiones de vigilancia y presencia.
También se traslada un núcleo de apoyo logístico de abastecimiento, mantenimiento, montaje de campamento,… pic.twitter.com/nkwWv4HsPS
Tamén enviarán ata a provincia galega un núcleo de apoio loxístico de abastecemento, mantemento, montaxe de campamento, transporte e apoio sanitario.