Deteñen o suposto autor do homicidio dunha muller de avanzada idade na Coruña
Os investigadores sospeitaban desde o principio que o responsable do crime era alguén da contorna da vítima
A Policía Nacional detivo este martes o suposto autor do homicidio dunha muller de avanzada idade na Coruña, segundo informaron a EFE fontes do caso.
O suceso produciuse o pasado 5 de maio pola tarde, cando tras unha chamada a emerxencias se localizou o cadáver da vítima dentro da súa vivenda, con claros signos de violencia, na rúa do Parque, no barrio de Monte Alto.
A Policía Nacional estableceu desde o principio que se trataba dun homicidio cometido, probablemente, por unha persoa da contorna da muller.
Tras uns días de investigación, os axentes conseguiron esclarecer o ocorrido, detiveron o suposto autor e rexistran o seu domicilio.
Arestora, o presunto homicida está detido na comisaría da Policía Nacional de Lonzas e está previsto que este xoves pase a disposición xudicial.