Cargando resultados...
Deteñen en Suíza un home que fuxiu de Ourense para non cumprir unha condena
Buscábano por intento de homicidio e tráfico de drogas

G24.gal
03/05/2024 16:10
Última actualización 03/05/2024 19:21
En Suíza a policía detivo un home fuxido de Ourense que estaba en busca e captura como presunto autor dun delito de homicidio doloso en grao de tentativa e por outro de tráfico de drogas.
A investigación, liderada polos axentes españois, determinou que o agora arrestado abandonou o territorio nacional coa intención de eludir a acción da xustiza ao coñecerse unha sentenza condenatoria na súa contra.
O home atópase nunha prisión en Suíza á espera do seu traslado a España para cumprir a condena que lle foi imposta.