Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido polo dobre crime de Pontevedra será extraditado cando Panamá confirme que segue en prisión

O detido polo dobre crime de Pontevedra será extraditado cando Panamá confirme que segue en prisión

De orixe asiática, está arrestado polo crime de dúas mulleres chinesas en 2009 na cidade do Lérez

G24.gal 21/05/2025 18:08

O cidadán asiático que foi detido en Panamá como presunto autor do crime de dúas cidadás chinesas no ano 2009 en Pontevedra e que estaba fuxido.

Panamá comunicou a detección ao Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra. Agora, o xulgado está pendente de que o país latinoamericano confirme que mantén a prisión preventiva do home que foi arrestado, por axentes da Interpol, o luns cando viaxa procedente de París nun voo en tránsito desde A China. Desta forma, tras recibir a correspondente confirmación, comezarán os trámites para ser extraditado.

No crime, que sucedeu en abril de 2009 nun inmoble da rúa Amado Carballo da cidade de Pontevedra, unha das cidadás, Guang Qu de 45 anos, foi asasinada co "procedemento de asfixia mecánica por sufocación mediante a oclusión extrínseca dos orificios respiratorios" e foi coas mans atadas con cinta de embalar. Con idéntico método foi asasinada Kung Yong, de 43 anos, aínda que neste caso o esganamento foi realizado "directamente sen uso das ligaduras".

Polos feitos foi xulgado Hai Jie Zhang, de 36 anos, e condenado a 14 anos de prisión por un dos crimes. Con todo, os investigadores apuntaron a que había un segundo sospeitoso, o cal fuxiu e permaneceu en paradoiro descoñecido ata este luns.

Hai Jie Zhang permaneceu cinco anos en prisión e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia concluíu que se vulnerara o principio de presunción de inocencia. Por iso, o alto tribunal galego ditou sentenza absolutoria. Os maxistrados sinalaban na sentenza a "ausencia dunha proba directa" ou "dato algún" que apuntara á participación no homicidio e indicaba que os indicios que xustifican o veredicto do xurado popular eran "insuficientes para sustentar a condena do recorrente", sinalando que "unicamente se contaría, como feito probado, coa presenza do acusado na casa onde apareceron os cadáveres".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade