Deteñen en Carballo un condutor que multiplicaba por cinco a taxa de alcol permitida
Cinco horas despois seguía sen ser capaz de levar o seu coche

Un condutor foi detido en Carballo cando conducía totalmente bébedo. Quintuplicaba a taxa de alcol permitida. Estaba en tan mal estado que cinco horas despois foi incapaz de levar o coche que fora inmobilizado polos axentes. Déronlle o alto ás 5 da mañá do mércores e a media mañá aínda non estaba en condicións de retirar o vehículo.
O condutor circulaba en sentido contrario nesta rúa do centro de Carballo. A Policía Local parouno e decidiu facerlle a proba de alcolemia ao notalo bébedo. A taxa resultou ser de 1,15 gramos por litro de aire expirado, é dicir case cinco veces máis do máximo permitido.
O vehículo foi inmobilizado e el trasladado ao posto da policía onde lle abriron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.
Ademais dunha importante sanción económica, a temeridade podería custarlle entre un e catro anos de retirada de carné.