Interceptado en Lugo un pai que conducía ebrio cos seus tres fillos menores no vehículo
A Policía Local tamén detectou outro condutor que deu positivo en alcol e en THC e que circulaba sen carné

A Policía Local de Lugo interceptou a semana pasada un pai que conducía baixo os efectos do alcol cos seus tres fillos menores de idade no vehículo.
Segundo apunta o corpo de seguridade nun comunicado, esta situación reviste "especial gravidade", xa que no coche viaxaban tres menores e o seu proxenitor conducía tras inxerir alcol.
A Policía Local tamén detectou outro condutor que deu positivo en alcol e en THC e que circulaba sen carné.
Entre outras amoestacións, os axentes interceptaron en Lugo un home que viaxaba en patinete utilizando o móbil e con claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol. Con todo, o home negouse a someterse á proba, sendo denunciando por esta infracción.