Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha condutora choca contra un muro en Tomiño sextuplicando a taxa de alcol

Unha condutora choca contra un muro en Tomiño sextuplicando a taxa de alcol

O accidente sucedía pasadas as 20:30 h deste martes na parroquia de Sobrada

A Policía Local confirmou que a muller será privada do "dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, ademais de ter que facerse cargo dos danos ocasionados"

Con esta taxa de alcol, a investigada podería enfrontarse a unha multa, traballos en beneficio da comunidade ou incluso unha pena de prisión

Policía Local de Tomiño
G24.gal 23/04/2025 11:20

A Policía Local de Tomiño investiga unha condutora que chocou contra un muro mentres circulaba superando en máis de seis veces a taxa de alcol permitida.

Os feitos ocorreron pasadas as 20:30 horas deste martes no barrio de Escampados da parroquia de Sobrada, onde o vehículo impactaba contra un muro.

Unha vez no punto, os axentes observaron que a muller tiña signos evidentes de ter consumido alcol. Realizouse a proba pertinente en dúas ocasións. A primeira delas lanzou un resultado positivo de 1,01 miligramos por litro de aire expirado, mentres que a segunda foi de 1,64 mg/l.

A condutora é unha muller de 48 anos de idade veciña de Tui, que foi trasladada ao PAC da súa localidade.

A Policía Local lembrou nun comunicado que a investigada podería enfrontarse a unha multa, traballos en beneficio da comunidade ou incluso unha pena de prisión. Engadiron que a muller será privada do "dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, ademais de ter que facerse cargo dos danos ocasionados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade