Deteñen en Vigo dúas mulleres dun grupo organizado dedicado a roubar en vivendas
Eran intergrantes dunhha organización criminal itinerante

Golpe policial contra a delincuencia no centro de Vigo.
Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron dúas mulleres pertencentes a un grupo organizado criminal, de carácter itinerante, altamente especializado en roubos con forza en domicilios.
A investigación iniciouse hai uns meses e mantén activos os operativos de prevención de roubos en vivendas, ante a presenza de grupos especializados e itinerantes que se desprazan por toda a xeografía española, para alertar as forzas e corpos de seguridade cando se detectan roubos na súa zona de actuación que puidesen coincidir no modus operandi con estes grupos.
Ás dúas mulleres, aprehendéuselles un vehículo, luvas, teléfonos móbiles e 1.300 euros en efectivo, ademais de ferramenta e utensilios, susceptibles de ser utilizados para cometer este tipo de delitos. Unha delas tiña unha reclamación xudicial en vigor. O modus operandi destes grupos consiste en forzar as fechaduras, fractura de bombín e apancar as portas, empregando forza.
A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións. Permitiu o esclarecemento de cinco roubos en domicilio cometidos en Vigo, de sete en Valladolid e de cinco en Salamanca.
A investigación e o operativo policial levado a cabo "pon de manifesto a capacidade de intercambio de información e eficacia das distintas canles de cooperación policial a nivel nacional e internacional" á hora de combater o crime organizado, conforme destaca a Policía Nacional.