Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen a parella dunha muller que apareceu asasinada en Xirona

Deteñen a parella dunha muller que apareceu asasinada en Xirona

A vítima tiña 19 anos e convivía con outras persoas na vivenda en que atoparon o cadáver

G24.gal 21/09/2022 22:01

 En Xirona, os Mossos d'Esquadra detiveron un home presuntamente relacionado coa morte da súa parella na localidade de Campdevànol.

Sobre as tres da tarde deste mércores, atopouse o cadáver dunha muller nunha vivenda desa localidade xerundense.

A vítima é unha moza duns 19 anos e que convivía con outras persoas na vivenda en que foi localizado o cadáver.

A área de Investigación Criminal dos Mossos d'Esquadra de Xirona iniciou as investigacións para esclarecer as causas da morte.

O xuíz instrutor declarou o segredo das actuacións.

De confirmarse que se trata dun asasinato machista, sería a vítima número 30 no que vai de ano en España e a 1.160 desde que comezaron as estatísticas en 2003.

O 016 atende a todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade