Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectados dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña e Marín

Detectados dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña e Marín

Detectáronse nun mascato e nunha gaivota patiamarela, cuxos corpos xa foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo

Imaxe de arquivo dun mascato/Goberno de Cantabria Imaxe de arquivo dun mascato/Goberno de Cantabria
G24.gal 28/11/2024 20:14

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de dous exemplares de aves silvestres afectados pola gripe aviaria, con resultados confirmados en laboratorio.

En concreto, segundo informa a Xunta nun comunicado, trátase dunha gaivota patiamarela atopada en Marín, e dun mascato achado na Coruña. Ambos foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade.

Con estes dous casos, son 21 os confirmados en Galicia durante o 2024. Ambos os cadáveres elimináronse conforme á normativa en vigor.

A Consellería precisa que como a valoración de risco de influenza aviaria a nivel do Estado tampouco rexistrou variación respecto a meses anteriores non existen medidas adicionais e mantéñense unicamente en Galicia certas actuacións de prevención sanitaria en sete concellos da provincia e que pertencen á denominada Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

Tamén incide na importancia de poñer en funcionamento as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, de calquera tipo, tanto comerciais como particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade