Publicador de contidos

Deteñen un home en Lugo acusado de agredir a súa parella cun coitelo

Deteñen un home en Lugo acusado de agredir a súa parella cun coitelo

Unha patrulla da Policía Local acudiu a unha vivenda da cidade tras recibir un aviso en que se informaba de que unha muller estaba pedindo auxilio

G24.gal 10/07/2023 10:56

A Policía Local de Lugo detivo esta fin de semana un home acusado de agredir cun coitelo a súa parella no seu domicilio.

Foi na madrugada do día 8. Nas dependencias do 092 recibiron un aviso de que unha muller estaba pedindo auxilio nun edificio da Avenida das Fontiñas.

Ata alí desprazouse unha patrulla. Os axentes atoparon a muller moi nerviosa, con diversas manchas de sangue na roupa e "sangrando abundantemente" por un dos dedos. Ela manifestaba que a súa parella acababa de cortala cun coitelo.

Nese momento, os policías accederon ao interior da vivenda e atoparon o presunto agresor na cociña, sentado nunha cadeira e, ao seu lado, o coitelo ensanguentado.

Ante esta situación, procederon á súa detención e trasladárono a un centro médico, xa que presentaba feridas na cara. Posteriormente foi conducido a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero.

A vítima foi asistida por unha ambulancia do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos