Cargando resultados...
Desvalixan a tenda Apple en Valencia
Os ladróns fuixron con 150 dispositivos

G24.gal
13/01/2022 14:25
A Policía Nacional mantén aberta unha investigación en Valencia para tratar de dar cos autores do roubo rexistrado de madrugada na tenda Apple. Non levaron cartos, pero si 150 dispositivos, entre teléfonos, ordenadores e tabletas.
Foi un grupo de encapuchados que accedeu ao local rompendo o cristal do escaparate e, segundo testemuñas, fuxiu co botín nun vehículo de alta gama.