Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelan unha organización especializada en estafas vacacionais en Internet

Desmantelan unha organización especializada en estafas vacacionais en Internet

Ofrecían aloxamentos en distintas provincias, entre elas Pontevedra e A Coruña

Un home dirixía desde prisión a rede e hai 29 persoas detidas

 

G24.gal 01/04/2023 11:08 Última actualización 01/04/2023 21:56

A Garda Civil desmantelou este sábado unha organización criminal especializada en estafas vacacionais que estaba composta por 42 persoas, 30 homes e doce mulleres, e liderada por un home que dirixía a rede desde prisión.

Nesta operación resolvéronse máis dun centenar de feitos delituosos en todo o territorio nacional por estafas que se realizaban de maneira informática.

Ata o momento hai vinte e nove persoas detidas e investigan outras trece máis. Logrouse esclarecer máis de 128 estafas por todo o territorio nacional, sobre todo en Madrid pero tamén en Toledo, Ciudad Real, Pontevedra, A Coruña, Valencia, Alacant, Castelló, Eivisa, Bilbao, Santander, Huelva, Cádiz, Málaga, Selecta, Murcia, Barcelona e Tarragona.

A operación comezou tras un incremento de denuncias relacionadas con estafas en varias plataformas especializadas en páxinas web. A Garda Civil realizou un estudo exhaustivo das páxinas e comprobou que se ofrecía un prezo inferior ao do mercado para captar a atención das vítimas, ás que lles cobraban o diñeiro por adiantado.

Unha rede de “mulas” encargábase de transferir o diñeiro produto do delito entre outras contas bancarias para así dificultar o rastro do diñeiro, mentres outro grupo encargábase de extraer o diñeiro en caixeiros automáticos e outro de captar documentación falsa para realizar a apertura de contas bancarias, correos electrónicos e liñas de teléfono.

Os axentes interviñeron numerosos ordenadores, dispositivos electrónicos e documentación e procedeuse ao bloqueo de máis de 75 contas bancarias.

A investigación foi coordinada polos órganos xudiciais e fiscais do caso e desenvolvérona o Equipo de Delitos Informáticos e Telemáticos (EDITE) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial e os denominados "Equipos @", dependentes todos da Comandancia da Garda Civil de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade