Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelan en Granada un laboratorio que fabricaba unha alternativa ilegal aos esteroides

Desmantelan en Granada un laboratorio que fabricaba unha alternativa ilegal aos esteroides

A Policía e a Garda Civil desartellaron unha banda criminal dedicada a importar, fabricar e distribuír a grande escala SARMS, prohibido en España

Houbo rexistros en Castelló, Madrid e Granada e cinco persoas foron detidas

Desmantelada unha organización que fabricaba, importaba e distirbuía anabolizantes ilagais
G24.gal 27/05/2023 13:11

A Garda Civil e a Policía Nacional, nunha operación conxunta denominada Kapli-Sansón, desmantelaron unha organización criminal dedicada á importación, fabricación e distribución a grande escala de anabolizantes.

Os SARMS (Moduladores Selectivos dos Receptores de Andróxenos) son medicamentos con efectos anabolizantes que os investigados importaban en po desde terceiros países, para posteriormente elaboralos e distribuílos en estado líquido no interior de envases de formato goteiro.

Valíanse da colaboración dun laboratorio, situado en Granada, onde mesturaban o produto cos excipientes necesarios que o facían apto para o seu consumo.

Ofertaban o produto nunha páxina web e nas redes sociais, onde diferentes perfís de adestradores persoais e fisioculturistas os promocionaban de forma activa para mellorar as capacidades físicas ou deportivas.

Rexistros en Castelló, Granada e Madrid

Os axentes detiveron cinco persoas e outras cinco están investigadas, realizaron seis rexistros e lograron a  incautación de  10.000 goteiros con SARMS listos para a súa distribución, así como numeroso material utilizado para a súa fabricación, acondicionamento e envío, e 30.000 euros en efectivo.

Os rexistros fixéronse en Castelló, nunha empresa loxística de Madrid e nun laboratorio de Granada. Dos rexistros realizados en Castelló, hai que destacar o dun ximnasio onde os axentes localizaron unha gran cantidade de SARMS xa preparados para a súa venda e distribución, así como inxectables, botes e xiringas doutros medicamentos anabolizantes esteroides.

A investigación iniciouse en 2022 cando se tivo coñecemento da existencia dunha organización criminal presuntamente dedicada á importación, fabricación e distribución de medicamentos denominados Moduladores Selectivos dos Receptores de Andróxenos (SARMS) cuxa distribución está prohibida en España.

No laboratorio granadino realizaban a primeira fase de acondicionamento dos medicamentos: o envasado en frascos goterio, a colocación da correspondente etiqueta e a súa introdución nas caixas co formato deseñado polo cliente. Unha vez preparados os goteiros, os investigados enviábanos a empresas de loxística que se encargaban da preparación final dos paquetes para envialos aos receptores situados na península, as illas Canarias e distintos países da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade