Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vestas cre que os fondos de investimento non están interesados na compra da factoría

Vestas cre que os fondos de investimento non están interesados na compra da factoría

A dirección reuniuse con dous grupos investidores como acordaran a semana pasada

A multinacional danesa non ve "interese firme e real"

G24.gal 16/12/2021 19:30

A dirección de Vestas informou de que non houbo avance ningún na reunión mantida con dous fondos de investimento ante a ausencia dun interese firme e real pola compra da planta de Viveiro. Un terceiro fondo dos contactados pola Xunta xa nin chegou a manter xuntanza algunha.

A compañía danesa di que durante a reunión os dous fondos subliñaron que a operación non encaixa nos seus modelos de negocio agás que a planta tivera un plan de produción a longo prazo e que acudiran á reunión a instancias da consultora contratada polo IGAPE co obxecto de conseguir investidores que resolvan a actual situación da factoría mariñá.

Vestas porén, comprometeuse a seguir colaborando na busca de investidores ata finais de 2022.

Os 115 traballadores da empresa xa recibiron este mércores as súas cartas de despedimento e as liquidacións. A empresa ten previsto pechar o 31 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade