Publicador de contidos

Publicador de contidos

Huesca acolle o maior desfile militar en España desde antes da pandemia

Huesca acolle o maior desfile militar en España desde antes da pandemia

Os reis presidiron a parada do Día das Forzas Armadas nesta cidade aragonesa, con mais de 3.200 militares, 154 vehículos e 690 aeronaves

Participou a bandeira da OTAN, coincidindo co 40 aniversario da entrada de España na Alianza

G24.gal 28/05/2022 12:29 Última actualización 28/05/2022 19:41

Os reis de España presidiron este mediodía en Huesca o desfile das Forzas Armadas.

A parada militar, con máis de 3.200 efectivos, foi o acto central desta xornada. Ademais deses tres milleiros de soldados, tomaron parte 150 vehículos monitorizados, 69 aeronaves e 235 cabalos. Esta parada militar recuperou o formato habitual tras dous anos de pandemia.

No desfile aéreo participaron 45 avións e 24 helicópteros do Exército do Aire, do de Terra, da Armada e tamén da Garda Civil. Unha das novidades foi a participación por primeira vez dos avións de adestramento Pilatus da Academia Xeral do Aire.

Ademais dos Reis, á parada militar tamén asistiron a ministra de Defensa e o ministro do Interior., canda outras autoridades autonómicas de Aragón e locais. Os Reis recibiron numerosas mostras de afecto nesta parada militar.

A celebración do Día das Forzas Armadas remóntase a 1978 e ten a finalidade de fomentar o seu coñecemento e a súa integración na sociedade

Publicidade
Publicidade
Publicidade