Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez nega que o indulto a Borrás teña motivación política

Sánchez nega que o indulto a Borrás teña motivación política

O presidente do Goberno asegura que só cumpren unha sentenza xudicial e nega vinculación cos presupostos

Sánchez mantivo o tradicional despacho de verán con rei na Almudaina

EFE
Antón Montero 29/07/2026 21:31 Última actualización 29/07/2026 21:45

Filipe VI recibiu no Pazo de Almudaina a Pedro Sánchez para celebrar o tradicional despacho de verán. O presidente do Goberno e o rei analizaron a última hora dos incendios. Sánchez informou ao monarca de que lle pediu á presidenta da Comisión Europea que Mallorca sexa a sede dunha gran base europea de loita contra incendios no Mediterráneo occidental.

Repasaron tamén a situación económica e internacional, con especial atención nos preparativos para o Cumio Iberoamericano que se vai celebrar en novembro en Madrid.

Na comparecencia posterior, Pedro Sánchez negou que o indulto parcial concedido á dirixente de Junts, Laura Borrás, teña unha motivación política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade