Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello

Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello

Rapaces encheron de carteis reivindicativos a rúa Falperra

G24.gal 12/03/2024 14:05

Só queda un único cartel dos moitos que fixeran esta fin de semana nenos da contorna da rúa Falperra. Alertaban do perigo de que Vigo quede sen árbores e temen que desaparezan especies coma a acacia negra, que o Concello cre que son invasoras, axudan a propagar o lume e poñen en perigo a seguridade cidadá.

"Non di a xente o que non é, estanse pasando un pouco coa vexetación, o pulmón da vida é o verde", comenta un veciño.  

"Non estou de acordo con que as quiten, paréceme que amais de fermosas, é un pequeno pulmón á parte do castro, que a cidade xa está moi amurallada e chea de pedras", di outro. 

Outros amósanse máis comprensivos, coma un que di "penso que isto é protexer as árbores, isto é limpar".

Moitas queixas na contorna do Castro, onde os bancos quedaron sen sombra e as beirarrúas están cheas de ocos baleiros de árbores centenarias que son substituídas por especies foráneas.

Unha protesta á que se suma tamén a Asociación Vigo Centro e que chega ao barrio Navia onde o vindeiro domingo se mobilizarán para evitar a destrución da carballeira de Casaliños. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar