Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descobren que 'The Wall', o primeiro videoxogo galego, é de 1986

Descobren que 'The Wall', o primeiro videoxogo galego, é de 1986

Un ourensán, Álex González, achegouse ata o museo especializado de Cangas con toda unha descuberta: un videoxogo que el creou no ano 1986, dez anos antes

G24.gal 11/11/2024 15:04

Álex Gonzalez pode xogar hoxe na Fundación Museo do Videoxogo, en Cangas, cunha consola, unha especie de miniordenador, do ano 1986. Con el, fixo case por casualidade -cando caeu nas súas mans un libro de programación- o primeiro videoxogo feito en Galicia.

Sábese porque foi ao museo para comprobar se o tiñan e constataron non só que non estaba catalogado senón que o verificado como primeiro databa de 1997. Empeza aquí a mostra para coñecer a historia de The Wall, o, agora si, primeiro videoxogo galego. 

No ano 1986 Álex González chegou a Madrid co videoxogo e, despois dun atranco inicial e froito da súa perseveranza e estudo en programación, mellorouno e acabou vendéndoo. Na Fundación Museo do Videoxogo de Galicia decidiron facer unha mostra que conte a historia do videoxogo e que calquera poida xogar con el, por iso, é unha mostra interactiva. Calquera pode xogar ao videoxogo de Álex cun dispositivo orixinal da época. 

Pódese visitar no horario habitual do MUVI, o Museo Do Videoxogo de Galicia, os sábados, de 16:30 a 21:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade