Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descenden as capturas da frota galega polo veto á pesca de fondo da UE

Descenden as capturas da frota galega polo veto á pesca de fondo da UE

Ata novembro descargáronse nas lonxas case 125.000 toneladas de peixe e marisco, o peor balance en 20 anos

G24.gal 05/12/2022 20:05 Última actualización 05/12/2022 21:28

A frota pesqueira galega chega ao Nadal co peor balance de capturas dos últimos 20 anos. Un baixón provocado, entre outras cousas, polo veto á pesca de fondo aplicado pola Comisión Europea.

Segundo os datos da Consellería do Mar, ata novembro as lonxas galegas comercializaron algo menos de 125.000 toneladas de peixe e marisco.

Hai que retroceder ata 2003 para atopar un ano con tan poucas capturas. Este descenso nótase sobre todo nas especies que se capturan no Gran Sol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade