Descende o consumo de carne en España debido á suba de prezos do último ano
A carne de porco é a que máis subiu, un 15,4 % dende febreiro do ano pasado
O consumo de carne en España caeu no último ano un dous e medio por cento, segundo revela un informe da Asociación de Fabricantes e Distribuidores. Un informe que sinala a suba de prezos como un factor determinante neste cambio nos hábitos alimentarios.
Os que fan a compra saben que hai que botar moitos números. Os produtos cárnicos non escapan á inflación, e o quilo cada día custa máis. O que máis subiu no último ano foi o porco. O índice interanual confirma que o prezo do quilo medrou un 15,4 por cento. No índice interanual tamén o incremento alcanza os dous díxitos nas aves, a carne de vacún e o ovino.
O coello, outro produto cárnico tan socorrido para a cesta da compra polo seu prezo, tamén experimentou no último ano un notable encaremento.
As economías familiares reséntense e percíbese un cambio de hábitos de consumo. Os comerciantes confirman dun descenso das vendas. Cómprase menos e menor cantidade.